SANTURTZI IBERDROLA

Historia

Patrocinadores do club
  • Iberdrola
  • Kosta Santurtzi
  • Ayuntamiento de Santurtzi
  • Acces World
  • Bizkaialde
  • Bizkaia Diputazioa
  • Transportes y Grúas Aguado
  • IMQ
  • 2VG
  • Durruti XXI
  • Zamakoa

Na década de sesenta un grupo de santurzaos enraizados nas vivencias dos seus vellos, amantes das tradicións e costumes do seu pobo, tiveron a idea de crear un Club de Remo que denominaron “ITSASO´KO AMA” en honor á Virxe do Mar, patroa do barrio de pescadores de Mamariga, que se venera na capela deste lugar.

A súa creación non foi difícil, porque daquela prevalecían as cousas feitas coa sinxeleza e o amor cara unhas sensibilidades fondas e arraigadas no corazón dos seus proxenitores. Daquela o nacemento do club foi un “parto” feliz e a crianza foi medrando con normalidade até cristalizar e botar raíces fondas no sentimento da vila de Santurtzi que o asumiu como cousa de seu.

Porén os primeiros anos, malia o normal desenvolvimento, non foron fáciles e supuxo un continuo traballo e sacrificios constantes que houbo que salvar e superar até lograr a súa total consolidación. Cómpre ter en conta que, o facho das tradicións da nosa vila, estaban a punto de morrer e perdérense no esquecemento a causa da mudanza dos tempos que se comezaban a experimentar co pulo da transformación industrial.

Por isto debemos un recoñecemiento fondo, leal e sentido aos homes que xestaron o club, cuxos nomes teñen a honra e privilexio de aparecer na acta fundacional do club de Remo Itsaso´ko Ama. Pasou moito tempo e a dilatada e ampla historia do noso club deparou á vila de Santurtzi moitos éxitos e logros deportivos.

Deste club saíron grandes campións: de Europa, do Mundo, Olímpicos, para alén dunha chea de remeiros que nutriron as seleccións de Euskadi e de España nos seus compromisos internacionais. Eles foron quen lograron moitos triunfos para este club; innúmeras bandeiras, trofeos, medallas e distincións expostos e gardados nas vitrinas da sala de trofeos do noso Club, como prezado tesouro de valor incalculábel.

A tempada 2017 foi especial para este club, xa que lideraron os dous Playoff celebrados e conseguiron ascender á Eusko Label Liga.