DONOSTIA ARRAUN LAGUNAK

Historia

A orixe do club Donostia Donostia Arraun Lagunak remonta ao ano 1965. Orixinariamente denominado Universitarios Donostia Arraun Lagunak, o club naceu co obxectivo de fomentar e desenvolver a actividade de remo olímpico na cidade de Donostia-San Sebastián.

Ubicado nos seus comezos nas instalacións do colexio Mundaiz, o club encetou a súa andaina grazas a un grupo de universitarios donostiarras atraídos por este deporte. Entre os seus fundadores atópanse Jose Mari Lacoste, Javier Aramendi e Josetxo Fdez Vaqueriza, entre outros. Ao remataren os seus estudos universitarios, refundaron o club e pasou a se chamar Donostia Arraun Lagunak.

Dous anos máis tarde, comeza a medrar tanto en número de remeiros como na necesidade de novas instalacións e trasládase ao caserío de Lugañene, sede actual do club dende 1972.
Logo de moitos anos de duro traballo, o club é quen de aportar remeiros para a selección Española, facendo parte en diferentes mundiais e Olimpiadas con éxitos salientábeis a nivel mundial como o caso do 8 con timonel senior na modalidade de lixeiros.

No ano 1996 o club decide fusionarse co club de remo de banco fixo Donosti, pasando a se denominar Donostia Donostia Arraun Lagunak, que é o nome co que se coñece hoxe en día o club.

Cun amplo palmarés froito desta unión realízase tamén remo en banco fixo e pasa a dominar as modalidades tradicionais e a conseguir diversos éxitos como o Campionato de España e Euskadi de Traiñeiras do 1992.