ORIO BABYAUTO

Historia

No 1986 é a primeira vez que unha muller oriotarra fai parte en diferentes competicións oficiais de remo, concretamente na disciplina olímpica-banco móbil. Dende entón, a participación da muller oriotarra nesta disciplina aumentou ano tras ano, logrando triunfos e medallas en distintas modalidades e categorías nos Campionatos de Gipuzkoa, Euskadi e España. Baixo a disciplina do club oriotarra mulleres oriotarras chegaron a participar nos Campionatos de Europa e do Mundo. Non podemos esquecer a pasaitarra Eva Mirones, que no ano 2004, sendo remeira de Orio AE, participou nas Olimpiadas de Atenas.

A primeira referencia da participación oficial da muller oriotarra en banco fixo situarémola no 1994, cando un batel de mulleres de Orio AE lograban o triunfo nas tradicionais regatas de bateis de Loiola-Donostia. É no 1999 cando un batel de mulleres xuvenís compite por primeira vez na Liga Gipuzkoana. E no ano 2000, cando se consegue o primeiro Campionato, o de Gipuzkoa en concreto e na categoría senior. Nesta modalidade de banco fixo, as mulleres oriotarras lograron títulos nos Campionatos de Gipuzkoa, Euskadi e España.

A primeira traiñeiriña feminina de Orio AE participante en competición oficial data do 2010. E até a tempada 2018, o Campionato de Euskadi deste último ano é o triunfo máis significativo.

É tamén no ano 2010, cando situamos a primeira participación oficial da traiñeira feminina de Orio. Dende entón até hoxe a súa progresión foi lenta mais constante, logrando estar nos postos punteiros estes dous últimos anos. Os datos históricos amosan que durante este período e até o 2018, foron 12 os diferentes triunfos da traiñeira amarela, mais no seu curto historial, faltan as de primeiro nivel; Cinco foron as participacións das oriotarras nas Donostiako Estropadak – Bandeira da Kontxa, sendo unha vez segundas, outra terceiras, dúas veces cuartas e unha vez quintas. Por outra banda na Liga Euskotren tamén competiron cinco veces con estes resultados: Unha vez segundas, dúas veces terceiras e outras tantas veces cuartas.
2019. As mulleres oriotarras afrontan a nova tempada con vontade por competiren na loita polas bandeiras.