ACT

A Asociación de Clubs de Traíñas (ACT) nace o 2 de xullo do 2003 tras do acordo acadado polos Gobernos das Comunidades Autónomas de Asturias, Cantabria, Galicia e País Vasco, para darlle pulo a unha disciplina deportiva do remo que forma parte da historia dos pobos que integran a cornisa cántabro-atlántica. É no mes de xullo do 2003 cando arranca a Competición da Asociación, a Liga ACT, que ten como obxectivos:
 

  1. - Facer da Liga unha competición de alto nivel "amateur", xestionada profesionalmente, da que participen os doce mellores equipos pertencentes á área xeográfica.
  2. - Procurar incrementar notoriamente o número de seguidores, potenciando a atención e cobertura que os medios de comunicación prestaban até o de agora.
  3. - Deseñar a competición en formato de Liga Regular para facela máis atractiva e comprensíbel para todos.
  4. - Garantir a súa estabilidade no tempo por medio dunha fase de ascenso e descenso con clubs que proveñan das otras competciones.
  5. - Posicionar a Liga San Miguel coma un produto deportivo moderno, sólido e de calidade, que fomente a práctica do remo e que no verán ofreza a posibilidade de desfrutar dun deporte-espectáculo nun amplo ámbito xeográfico e nun contexto incomparábel como é a costa da cornisa cántabro-atlántica.

O 28 de setembro do 2003 rematou a primeira Liga ACT. A unanimidade de comentarios arredor do éxito da Competición realizados tanto polos medios de comunicación como polos afeccionados e seguidores, anímannos a continuar esforzándonos para que, tempada tras tempada, esta fermosa disciplina deportiva sexa un referente para os futuros deportistas, así como para todas aquelas entidades que entenden que o deporte é unha vía atrativa para poder aplicar a súa política de Marketing e Publicidade. No ano 2005 a ACT comeza a súa andaina sen o apoio dos Gobernos e coa colaboración de varios patrocinadores privados como Seguros Zurich e Relax. Por primeira vez a competición con 18 regatas prodúcese e retransmítese en directo integramente para toda a cornisa a través das televisións autonómicas e para todo o mundo a través da canle internacional da ETB. Na tempada 2006 a Asociación volta dar un paso cualitativo coa presenza do seu primeiro patrocinador principal, Cervezas San Miguel, e a partir desa tempada a competición pasa a se chamar Liga San Miguel.

O 2 de xullo de 2008 a asociación fai o seu 5º aniversario e a súa competición, a Liga San Miguel de Traíñas, comeza a tempada na EXPO ZARAGOZA 2008. Este mesmo ano, coa entrada de Caja Madrid como segundo patrocinador principal da ACT, a Liga inicia unha nova época. A partir da tempada 2013, el Trofeo del campeón pasa a se chamar Corona CaixaBank. Ese mesmo ano, a campaña arrincaría por primeira vez na historia da competición en augas do Mediterráneo, máis concretamente en Barcelona. Xa en 2014, Barcelona sería o punto de comenzo da décima segunda edición, o que co un total de 19 regatas eo gañador sería Hondarribia Orsa.

A decimoterceira edición da Liga San Miguel de Traíñas tivo como punto de partida a cidade andaluza de Málaga. A tempada de 2015 estivo conformada por 19 regatas das que NT2 Hondarribia levou 12, proclamándose así campión por segundo ano consecutivo. Pola contra, o Club Samertolameu descendeu, praza que ocupará Zumaia no 2016.

A tempada 2016, con un comezo fulgurante en Sevilla, viviu unha espectacular loita na competición entre NT2 Hondarribia e Urdaibai Avia. Despois de iren a remolque dos hondarribitarras durante boa parte da tempada, os 'txos' déronlle a volta á clasificación asinando unha segunda metade de tempada fantástica. Así, tras cinco anos de longa espera, os integrantes da 'Bou Bizkaia' deron logrado a súa quinta Coroa CaixaBank e daquela, ficar con ela en propiedade. Porén, Zumaia, que conseguira ascender en 2015 á máxima competición, e Portugalete Eulen, perderon a categoría, dando cabida a Ondarroa AE e CR Ares na Liga San Miguel, unha tempada que será a primeira para ambos equipos na máxima competición.

Precisamente o 2017 chegou á ACT con unha mudanza importante. Logo de 11 anos dando nome á competición, San Miguel pasou a manterse como patrocinador da ACT mais deixando libre o nome da competición masculina. Entón, Eusko Label, patrocinador de regata durante as últimas cinco campañas, fíxose cos 'naming rights' e a competición pasou a se denominar Eusko Label Liga onde se volta pór en xogo a Coroa CaixaBank. Un galardón que levou de novo Urdaibai Avia logo dunha estreita e dura pugna frente Hondarribia, que non se decidiu até as derradeiras padas. Cómpre sinalar, que un histórico da competición como Astillero canda Ares, descenderon, mentres que Santurtzi Iberdrola e Donostiarra acadaron o ascenso.

Vencedores da Eusko Label Liga - Corona CaixaBank:

  • 2003: SDR Astillero
  • 2004: Urdaibai Umpro Avia
  • 2005: SDR Astillero
  • 2006: Hondarribia Orsa
  • 2007: Urdaibai Umrpo Avia
  • 2008: Urdaibai Umpro Avia
  • 2009: SDR Castro
  • 2010: Urdaibai Umpro Avia
  • 2011: Kaiku Ambilamp
  • 2012: Kaiku Ambilamp
  • 2013: Kaiku Ambilamp
  • 2014: Hondarribia Orsa
  • 2015: NT2 Hondarribia
  • 2016: Urdaibai Avia
  • 2017: Urdaibai Avia