Novas

COMPETICION

10 Ago 2019

GO fit Hondarribia reina en augas de Ondarroa

GO fit Hondarribia reina en augas de Ondarroa GO fit Hondarribia reina en augas de Ondarroa

A ‘Ama Guadalupekoa’ levou a vitoria na XXXV. Ondarroako Bandera – Cikautxo Sari Nagusia e Orio Babyauto fixo o mesmo na II. Ondarroako Bandera – Cikautxo Sari Nagusia

GO fit Hondarribia voltou á senda da vitoria en Ondarroa logo do paro pola desputa do Campionato de España. A ‘Ama Guadalupekoa’ fíxose co mellor tempo da tarde, 19’52”92, aventaxando en 7”86 a Santurtzi Iberdrola. Na loita pola Coroa CaixaBank, Orio Babyauto mantén o liderado con 142 puntos.

GO fit Hondarribia vence na quenda de honra cun tempo de 19’52”92. Santurtzi Iberdrola foi segundo cunha marca de 20’00”78. A terceira posición foi para Zierbena Bahías de Bizkaia ao pararen o crono en 20’02”06 e Orio Babyauto foi cuarto na tarde de hoxe a 14”40 dos hondarribiarras.

A ‘Bou Bizkaia’ de Urdaibai Avia levou a vitoria na segunda quenda de hoxe e cun crono de 20’17”58 faise coa quinta posición. Donostiarra foi sexto cunha marca de 20’22”56 e Ondarroa Cikautxo conseguiu na casa a sétima posición cun tempo de 20’30”02. Cabo clasificouse en oitava posición a 43”84 da cabeza.

Kaiku venceu na primeira quenda de hoxe cun tempo de 20’37”56 conseguindo a novena posición na regata. Lekittarra Elecnor foi décimo cun crono de 20’45”32. San Pedro e Astillero Repsol Electricidad y Gas pecharon a regata de hoxe na  décimo primeira e décimo segunda praza a 57”64” e 1’06” do vencedor da regata, respectivamente.

A Liga Euskotren comeza a coller cor amarela

Fican xa poucas xornadas para que remate a tempada 2019 da Liga Euskotren e o trofeo está a coller cor amarela aos poucos. A ‘Txiki’ de Orio Babyauto conseguiu a vitoria na II. Ondarroako Bandera – Cikautxo Sari Nagusia esta tarde en augas de Ondarroa cun tempo de 11’03”30, e unha vantaxe de 12”66 sobre a Donostia Arraun Lagunak. Hondarribia Bertako Igogailuak foi terceira cun crono de 11’27”68 e Donostiarra pechou a quenda a 37”60 da cabeza. A falta de tres xornadas para o peche da tempada regular da Liga Euskotren, Orio Babyauto, con 43 puntos, avantaxa en 9 puntos a Donostia Arraun Lagunak, e mañá xa podería facerse matematicamente co Trofeo Euskotren. Nadeth Agirre continúa a liderar a clasificación da mellor patroa con 5 puntos sobre Andrea Astudillo.

Hondarribia agarda por nós

Logo desta xornada de sábado desputada en Ondarroa, a Eusko Label Liga e a Liga Euskotren trasladaranse mañá a augas do Bidasoa para desputar a Hondarribiko XXXII. Bandera – Mapfre Sari Nagusia e a II. Bandeira Mapfre a partir das 11:40 horas.

Voltar