Novas

ESPECIAL

28 Nov 2019

Inder Paredes ponlle ritmo ao mes de novembro

Inder Paredes ponlle ritmo ao mes de novembro

A patroa de Donostiarra é a encargada de elaborar a listaxe deste mes

Aos poucos imos achegándonos ao final do ano e que mellor xeito de lle facer frente ao frío desta época que cunha nova recompilación musical. Este mes de novembro a encargada de elaborar esta playlist é Inder Paredes, patroa de Donostiarra.

Entre as cancións que incorpora nesta listaxe a patroa pasaitarra atopamos cancións como Somebody to Love de Queen, La Felicidad de Izaro, Denak ez du Balio de Berri Txarrak ou Señorita de Shawn Mendes e Camila Cabello.

Mete play e goza da selección musical de Inder Paredes!

Voltar