ACT TV

CLUBS

30 Abr 2014

"É bo para o remo ver tanta igualdade"

"É bo para o remo ver tanta igualdade"

Mikel Orbañanos, técnico de Hondarribia Orsa, móstrase satisfeito co rendemento dos seus e agarda estar pelexando polas bandeiras

Hondarribia Orsa completou o ano pasado un bo ano na Liga San Miguel no que conseguiu dúas bandeiras, ademais de se alzar coa cuarta posición na clasificación xeral. E a intención dos da 'Ama Guadalupekoa' para a presente tempada é dar continuidade a esta dinámica que tan bo sabor de boca lles deixou. "Acadamos uns bos resultados nos testes de inverno, mais iso non quere dicir nada de cara ao verán", explica Mikel Orbañanos, técnico de Hondarribia Orsa. "O nivel desta tempada é bastante parello e iso é o bonito da Liga San Miguel: cada fin de semana vese un gañador diferente", sinala. Á hora de se marcar obxectivos, "gustaríanos estar na quenda de honra para poder optar ás bandeiras e facer un bo verán".

O feito de que a Liga San Miguel teña de novo o seu arranque en Barcelona é un elemento positivo para o técnico da 'Ama Guadalupekoa'. "Sen dúbida que saia o remo fóra e demos boa imaxe é bo para todos. O ano pasado foi unha experiencia moi boa e ficamos contentos", explica Orbañanos. Un Mikel Orbañanos que tivo que meditar no fin da competición sobre a súa continuidade no proxecto hondarribiarra. "Nunca tiven dúbidas de que, de seguir no mundo do remo, máis contento que aquí non ía estar en lado ningún. Pero ás veces tamén pensas sobre se o teu traballo entrou na monotonía ou se ao proxecto lle fan faltan ideas novas", comenta o preparador que se mostra moi orgulloso do traballo que se realiza no club hondarribiarra dende as categorías máis pequenas. 

Voltar