ACT TV

CLUBS

09 Abr 2014

"Estamos a un nivel similar ao do ano pasado"

"Estamos a un nivel similar ao do ano pasado"

Os pedreñeros marcan como máximo obxectivo continuar sendo un dos tres equipos que se mantén na Liga San Miguel dende a súa creación

Pedreña é un dos tres equipos que leva na Liga San Miguel dende a súa creación. E esa é a máxima aspiración dos pedreñeros para a presente tempada: manter a categoría. "Hai xente que non remou nunca nunha competición desta altura, pero están adestrando moi duro e todos temos moitas ganas de non pasar apretos", explica Alejandro Mantilla, adestrador de SDR Pedreña. "Cada vez hai máis igualdade, tanto arriba como abaixo. Eu penso que estaremos a un nivel parecido ao do ano pasado, imos loitar para estar o máis arriba posíbel. Escoitas á xente e o seu obxectivo é entrar entre os seis primeiros, pero eu confórmome con ser sétimo", explica entre risas.

Outro dos temas que aproveita para comentar é o momento polo que está a pasar o remo cántabro. "Así que rematou a burbulla económica no remo de Cantabria, fíxosenos moito máis difícil conseguir un plantel grande. Agora hai que xogar con outras cartas e loitar co que tes na casa, que tamén é bo", conclúe Mantilla.

Voltar