ACT TV

CLUBS

26 Mar 2014

"Este equipo non dá unha palada por perdida"

"Este equipo non dá unha palada por perdida"

Hegoi Intxauspe, técnico de San Pedro Ecolmare, salienta a igualdade que haberá nesta Liga San Miguel "do quinto ao último" entre os cales mediarán "poucos segundos"

San Pedro Ecolmare afronta unha nova tempada na que tivo que facer frente a un total de seis baixas, que foron suplidas na súa grande maioría por remeiros chegados da segunda embarcación. Unha segunda traíña, cómpre sinalar, que este ano debutará na categoría de prata despois de conseguir a pasada campaña o ascenso. Precisamente isto é o que quixo pór en valor o novo técnico da 'Libia', Hegoi Intxauspe, salientando a importancia que ten ter dúas embarcacións para unha vila tan pequena como San Pedro. "Como teñas catro ou cinco baixas, se non tes unha segunda traíña podes atoparte diante dun problema importante. Por sorte nós traballamos moito coa canteira e desta están a saír remeiros que acaban competindo na Liga San Miguel", explica o zarauztarra Hegoi Intxauspe.

Seguindo coa análise do seu equipo, Intxauspe sinala que "son un equipo que non dan unha palada por perdida e son moi duros. O noso obxectivo para este ano debe ser conseguir o maior número de puntos posíbeis nas primeiras regatas para así poder traballar tranquilos e aspirar a estar pelexando por ir na cabeza do segundo grupo". Un segundo grupo do que explica que "do quinto ao último vai haber diferenzas mínimas, polo que cómpre traballar duro para conseguir os mellores resultados". 

Voltar