ACT TV

CLUBS

14 Mai 2014

"Vamos pelexar cada regata, levámolo no ADN"

"Vamos pelexar cada regata, levámolo no ADN"

O preparador de Cabo, Gustavo Vázquez, non se pon límites para a súa reaparición na Liga San Miguel aínda que quere asegurar a permanencia

Cabo retorna a unha categoría na que estivo navegando durante seis anos y que, despois de ter estado cinco tempadas na LGT 1, o pasado setembro logrou un ascenso á Liga San Miguel que levaban perseguindo con ganas. "Houbo dúas baixas importantes con respecto ao ano pasado, que suplimos con xente da casa", apunta Gustavo Vázquez, técnico de Cabo. Cando se lle pregunta por obxectivos non dubida que a permanencia debe ser o prioritario, aínda que non quere conformarse con iso. "Neste momento non asino ningunha posición, mais agora mesmo estamos pelexando por estar o máis arriba posíbel. O que si podo asinar xa é que estes remeiros van pelexar cada regata como se fóra a última porque o levamos escrito no noso ADN", sinala o preparador galego.

"Gústame ir a Barcelona porque é un escenario novo e moi atractivo. Todo o que sexa abrir o remo fóra do Cantábrico véxoo positivo", siñala Vázquez. Á hora de falar de favoritos, coincide co resto de adestradores. "Haberá un grupo na cabeza que estará composto por Orio Babyauto, Hondarribia Orsa, Urdaibai Avia e Kaiku Ambilamp. Penso que San Juan Iberdrola e Portugalete Eulen poden estar tamén perto de esa pelexa", vaticina o preparador boirense. Sobre o futuro do remo galego apunta que "as cousas se están facendo moi ben nos últimos anos. Oxalá o vindeiro ano poidamos ser máis equipos galegos na Liga San Miguel".

Voltar